Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
Activar contenido PortadaCalendarioForosA miña conta
Menu principal
Info de usuario

Benvido Anónimo

Lista de foreiros:
Último: Rafaelito
Novos hoxe: 0
Novos onte: 0
Total: 18654

Xente conectada:
Foreiros: 2
Visitantes: 87
Robots: 2
Plantilla: 0
Calendario

Info da proba

O Pino

29/04/2018 10:30 - 14:00
Regulamento XV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O
PINO 2018
O Concello de O Pino celebra a décimo quinta edición da súa Carreira Pedestre Popular o domingo 29
de abril de 2018 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de
Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta
proba pertence ao VI CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. As probas
estarán suxeitas ó seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control
da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
2. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORIA IDADE
MENORES
PITUFO – Sub 6 Nados/as en 2013 e anteriores
PREBENXAMIN – Sub 8 Nados/as en 2011-2012
BENXAMIN – Sub 10 Nados/as en 2009-2010
ALEVIN – Sub 12 Nados/as en 2007-2008
INFANTIL – Sub 14 Nados/as en 2005-2006
CADETE – Sub 16 Nados/as en 2003-2004
XUVENIL – Sub 18 Nados/as en 2001-2002
ADULTOS
JUNIOR – Sub 20 Nados/as en 1999-2000
PROMESA – Sub 23 Nados/as en 1996-1997-1998
ABSOLUTA (SENIOR) Nados/as en 1995 ata 1984
MASTER 1 MASC/FMNO Nados/as en 1983 ata 1978
MASTER 2 MASC/FMNO Nados/as en 1977 ata 1968
MASTER 3 MASC/FMNO Nados/as en 1967 ata 1958
MASTER 4 MASC/FMNO Nados/as a partir do ano 1957
CANICROSS Nados/as en 2003 e anteriores
TODA A INFORMACION RELATIVA AO CANICROSS POPULAR (REGLAMENTO TÉCNICO)
PODERASE CONS
3. DISTANCIAS E HORARIOS:
HORA PROBA DISTANCIA
10:00 h CANICROSS POPULAR 3100 m
(1 volta ó circuito alternativo)
10:45 h
JUNIOR (SUB 20), PROMESA (SUB 23),
ABSOLUTA (SENIOR) e MASTER
8100 m
(1 Volta Grande + 1 P + 1 G + 1 P)
11:35 h
CADETE MASCULINO (SUB 16) e
XUVENIL (SUB 18) (M/F)
3186 m
(1 Volta Grande)
12:00 h
INFANTIL (SUB 14) (M/F) e CADETE
FEMENINO (SUB 16)
1928 m
(1 Volta Mediana)
12:15 h BENXAMIN (SUB 10) e ALEVIN (SUB
12)
850 m
(1 Volta Pequena)
12:25 h PREBENXAMIN (SUB Molón 500 m
(1 Volta Prebenxamín)
12:30 h PITUFO (SUB 6) 300 m
(1 volta ó circuito pitufo)
13:00 h ENTREGA DE TROFEOS CASA DA CULTURA
PLANO DAS PROBAS
4. INSCRICIONS
› PROBAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil (sub 18)).
Poderán realizarse a través da páxina web www.emesports.es, rellenando os datos solicitados
nos campos dos formularios de inscrición.
Teléfono de información: 981 511002.
A inscrición será GRATUITA para as probas escolares.
› CATEGORIAS DE ADULTOS (de junior (sub 20) a máster 4)..
As inscricións realizaranse a través da web www.emesports.es. O prezo da inscrición será de 5
€ que deberán abonar no momento da inscrición pola pasarela habilitada a tal efecto.
› CANICROSS (2003 e anteriores).
As inscricións realizaranse a través da web www.emesports.es (información en
www.asociacionacade.com ). O prezo da inscrición será de 5 € que deberán abonar no momento da
inscrición pola pasarela habilitada a tal efecto.
TODOS OS ATLETAS QUE PARTICIPEN NO CANICROSS PODERÁN FACELO
GRATUITAMENTE NA CARREIRA PEDESTRE. DEBERÁN REMITIR UM EMAIL A DIRECCIÓN
deportes@concellodeopino.com INDICANDO ESTA CIRCUNSTANCIA.
Para calquer dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán chamar ó teléfono 981 511 002
ou 654 285 692 en horario: 10:00 - 15:00 horas de luns a venres.
› INSCRICION POR CLUBES
Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web
www.emesports.es e remitir un correo electrónico a dirección ivan.sanmartin@opino.gal cos datos
do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de
Atletismo ou Delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO ELECTRÓNICO
NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificación por clubes poderán entrar os
atletas das categorías JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANS.
Admitiranse inscricións ata o xoves 26 de abril de 2018 ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN
INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA. Os dorsais recolleranse na
SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Centro Sociocultural Luis Seoane (CASA DA CULTURA) ubicada
fronte ó polideportivo municipal con prazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.
5. PREMIOS
› Trofeo para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes) agás na
categoría biberón que non haberá clasificación nin premios.
› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (JUNIOR,
PROMESA, SENIOR e MASTER).
› Trofeo o participante máis xoven e o máis veterano que logre concluir a proba polos seus propios
medios e sen axudas externas.
› Trofeo e bono de 1 sesión de masaxe cortesía de FISIOTERAPIA ARCA para os 3 primeiros
clasificados homes e mulleres do Concello na carreira absoluta.
› Trofeo para os 3 primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.
› Trofeo aos 3 primeiros / as clasificados/as do canicross.
› Trofeo para o clube, entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.
› Agasallo e bebida para todos os participantes.
› Medalla para o primeiro/a clasificado local das categorías escolares (de prebenxamín a xuvenil
incluido) e para tódolos participantes das categorías biberón a alevín.
Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes ós atletas locais.
PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a Carreira JUNIOR, PROMESA, SENIOR e MASTER)
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 300 €
2º Clasificado/a: 200 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a: 75 €
5º Clasificado/a: 50 €
PREMIOS POR CLUBES
1º Clube federado masculino: 200 € 1º Clube federado femenino: 200 €
2º Clube federado masculino: 100 € 2º Clube federado femenino: 100 €
3º Clube federado masculino: 75 € 3º Clube federado femenino: 75 €
A clasificación por clubes será establecida a través dos 8 primeiros corredores en cruzar a líña de
meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o
equipo que mellor clasifique o seu 8º compoñente. Os clubes poderán ser masculinos ou femeninos,
pero non poderán ser mixtos.
SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METALICO, que
terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto
da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros
clubes nin filiais do mesmo.
Os premios serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores
terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.
6. A participación de atletas extranxieros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordo co
disposto no artiglo 3.4. do "Reglamento para las competiciones de la temporada de campo a través,
marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre” da tempada 2017-2018.
Máis información de esta norma en:
7.
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2017/03_reglamento_comp.pdf
7. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non
máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente
regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da FGA, e RFEA. en vigor.
8. Haberá Servicio de Duchas no Polideportivo Municipal (fronte a SECRETARIA DE COMPETICIÓN), e
no Campo de Fútbol sito a carón da SAIDA das probas.


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy